NORTEAR
COLUMNA BALTEIRA Idade recomendada: Todos os públicos 80 min Lingua: galego Posfunción ao remate do pase NORTEAR é unha peza escénica onde o espectral se confunde co real, o político co onírico, o etnográfico co poético. Un grupo de mulleres habita un espazo baleirado do Norte. Perdidas nun compás e hipnotizadas polo Mar, os corpos das mulleres transitan, danzan e traballan infinitamente... buscando un punto no que ancorarse. Turrando pola Utopía.
(Foto: Benxamín Otero)