MONSTROS

PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS Idade recomendada: a partir de 4 anos Duración: 55 min Lingua: galego MONSTROS é unha divertida aventura para toda a familia que nos propón risas e reflexión ao mesmo tempo. Que é aquilo que nos causa temor máis que o que é diferente a nós? Non somos todas e todos un pouco raros? Non poderemos parecer monstros ante os ollos doutras persoas?  Monstros é o artefacto divertido que nos conta que aprender a convivir cos nosos medos nos axuda a entendernos a nós e ás demais persoas, a aceptar as nosas propias monstruosidades.

Máis información

Sábado 11 de abril 2026