ALICIA WANTS TO
- Teatro
- 60 minutos
BENGALA TEATRO FÍSICO Idade recomendada: > 12 anos Duración: 60 min Lingua: Galego Posfunción ao remate do pase Esta é a vida, a partida de Alicia, ela xoga as brancas pero non conta con todas as pezas. ALICIA WANTS TO é unha mistura de realismo máxico e crueza social que nos conta a historia de Alicia, unha adolescente que sofre problemas coas drogas e unha posible situación de abuso. A peza comeza cando Alicia sae dun centro de menores e se reencontra con súa nai, Juana. Ambas son mulleres da marxe, da fronteira, do borde, que tratan de sobrevivir nunha sociedade atravesada pola exclusión social, os abusos, a pobreza e un sistema xudicial que non protexe a todos por igual. A historia está construída a través dunha partida de xadrez na que o público é parte activa, elixindo algunha das decisións que ten que tomar Alicia e, polo tanto, decidindo como continúa o espectáculo.