ALÉN

COLECTIVO GLOVO Idade recomendada:Todos os públicos Duración: 55 min Foco NeoTrad   ALÉN é unha creación escénica de danza contemporánea interpretada por catro bailarinas que parte do desexo de habitar o límite. Explora o “máis alá” non como un destino, senón como un proceso: o intre no que algo remata, pero o novo aínda non tomou forma. Propón unha experiencia poética e sensorial dese espazo intermedio, dese territorio suspendido onde a identidade se disolve para volver xurdir transformada. Nunha proposta dinámica e enérxica, as catro intérpretes móvense na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser.