QUISO NEGRO
- Teatro
- 60 minutos
ESTER GUNTÍN Idade recomendada: a partir de 8 anos Duración: 65 min Lingua: Castelán QUISO NEGRO explora a idea da morte a través do movemento mediante o uso ritual de padróns acústicos, cinéticos e iconográficos. A peza percorre un amplo espectro de escenarios de posesión física e catarse. Inspírase no tarantismo, un ritual orixinario do sur de Italia durante a Idade Media que cre na mordida simbólica dunha araña e na realización dunha práctica coreográfico-musical para expulsar o veleno do corpo da persoa afectada. A obra emprega o universo iconográfico e simbólico do ritual para reinterpretar as súas prácticas baseadas na coreografía e a música. A primeira parte explora a preparación para o rito, e a segunda céntrase no esgotamento físico a través de ritmos complexos inspirados na pizzica salentina (a danza tradicional da rexión do Salento). QUISO NEGRO fala da morte dentro de cada un de nós e pode ser vista como unha viaxe a través dos seus aspectos vitalistas: unha catábase, un descenso festivo.
danza_escena.png