RFG · (EN) FOCO #3 - RAPSODIAS AFRICANAS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Clark Rundell, director Seckou Keita, intérprete de kora   PROGRAMA Seckou Keita: African Rhapsodies (arranxos: D. Mantovani) Estrea en España

No terceiro enfoque, a RFG achégase a outras tradicións musicais, cun programa aberto a horizontes sonoros recollidos nese continente culturalmente tan afastado que é África. Seckou Keita descende dunha familia de reis senegaleses e dos ancestrais músicos griot; comezou a ser valorado en Europa a mediados dos 90, cando presentou a kora, mestura única entre laúde e arpa, da que é o gran referente internacional. Para este instrumento desenvolveu afinacións orixinais a partir das catro tradicionais de Senegal, Gambia, Guinea-Bissau e Malí. Seckou Keita combina todas estas posibilidades sonoras nun só instrumento, mantendo a raíz tradicional e xerando un son novo, expresivamente máis amplo. Rapsodias africanas é un diálogo sonoro a varias bandas, para o que despregou toda a súa mestría como arranxista o compositor Davide Mantovani.

Concerto non incluído no programa de abono da temporada 'Historias'.